O Foro Galicia e Valle-Inclán presenta este martes “La España Tradicional”
Este martes, 19 de decembro, terá lugar na cidade de Santiago de Compostela a presentación da segunda das publicacións do FORO GALICIA E VALLE-INCLÁN, entidade sen ánimo de lucro e de ámbito galego, necesaria para a divulgación e a promoción xeral entre a cidadanía do fenómeno valleinclaniano.
«La España Tradicional» suma a serie de textos literarios escritos por don Ramón del Valle-Inclán encol das guerras carlistas que lle interesaron: episodios onde recrea a sucesión de guerras civiles que tiveron por escenario o norte da peninsula. Edición e limiar a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina, especialista que, como é habitual nos seus traballos, ofrece ás persoas lectoras esa moi meritoria sintese de datos inéditos e contrastados froito do seu arquivo e das súas investigacións.
👉 Centro Internacional de Prensa de Galicia
👉 Rúa Nova, 9, Santiago de Compostela
👉 Martes, 19 de decembro 2023, ás 19:30 h
💮 De seguido ofreceráse ao público presente un petisco de cortesía ao albor do Nadal.
Relacionados
decembro 19, 2023
0
Comentarios
Publicar un comentario